viernes, 17 de junio de 2011

Varios concellos de Ferrolterra contan xa con acceso ás redes de nova xeración.


R vén de anunciar que un total de 28.504 fogares e empresas da comarca de Ferrolterra dispoñen de acceso ás súas redes de nova xeración tras unha inversión de 21,6 millóns de euros dun total de 24 dispostos, que farán que se acade a cifra final de 34.000 fogares conectados.

A chegada destas redes supón una gran avanzo tecnolóxico, xa que traen consigo accesos de 100 megas o outros servizos de valor engadido como a televisión el alta definición ou o vídeo baixo demanda. Prevese ademais que esta rede sobra un novo avanzo no 2012 coa chegada dos 200 megas.

As zonas afectadas son as que seguen:
  • Narón, 16.455 fogares distribuídos no Feal, Freixeiro, Piñeros, O Ponto, Cerrallón, Alto do Castiñeiro, Domirón, Edreiro, Roibo, A Torre, Fonte da Cruz, A Solana, Vivendas da Mariña Santa Cecilia, A Gándara, A Gándara de Abaixo, A Gándara de Arriba, Ponte de Xubia e Finca de Dopico.
  • Fene, 4.145 fogares en Fene, Ameneiral, Perlío e San Valentín.
  • Neda, con 558 fogares.
  • Pontedeume, con 2.523 fogares.
  • Mugardos, con 1.493 fogares.
  • Ares, con 3.122 fogares.
  • Cedeira, con 3.689 fogares.
Con estas actuacións, R leva executadas as accións previstas en 75 dos 193 concellos afectados polo Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia. Na meirande parte dos concellos restantes tamén se levarán a cabo actuacións de mellora/implantación da banda ?larga? por parte de Movistar,  cunha velocidade mínima de 2 megas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario