miércoles, 29 de junio de 2011

R acada as 100.000 liñas e sitúase como o operador que máis medra en Galicia #mobilR


R vén de superar a simbólica cifra de 100.000 liñas de móbil, das que preto de 78.000 pertencen a particulares e 23.000 a empresas, dende o seu lanzamento a finais do 2007. E é que cada día laborábel actívanse unhas 100 liñas de móbil da compañía, o que convirte ao operador galego no que máis medra en Galicia e fai prever que cara finais de ano se acaden os 120.000 números móbiles da compañía.

Como xa temos falado, R é polo de agora un operador móbil virtual completo, é dicir, conta con toda a infraestrutura para dar o servizo de telefonía móbil agás a rede (as antenas), que aluga a Vodafone. Sen embargo, o obxetivo a medio prazo é convertirse nun operador móbil completo, con rede propia, polo que está a participar na subasta de espectro aberta polo Ministerio de Industria.

Entre os atractivos que R ofrece aos seus clientes están as chamadas a 4 céntimos/minuto coas tarifas mini+internet (que non teñen consumo mínimo de voz e inclúen 250 MB ou 1 GB de datos, segundo o plan elixido), a posibilidade de compartir as tarifas de datos ou a subvención de terminais.

Dende A Malla das Telecos sumámonos aos parabéns a esta compañía galega e agardamos que sigan medrando e poñendo a Galicia no mundo coa súa infraestrutura de telecomunicacións.

1 comentario:

  1. Graciñas. De verdade que nos enche de orgullo que a xente confíe en nós e que os galegos nos escollan como a súa empresa.

    ResponderEliminar