lunes, 6 de junio de 2011

Movistar lanza unha tarifa pseudo - low cost


Os grandes operadores non parecen dispostos a rebaixar en exceso o prezo das súas chamadas e, se o fan, é a cambio dalgún extra.

Neste sentido, Movistar vén de lanzar unha nova tarifa contratábel dende hoxe, a Tarifa 6. Cunha cota de 6 € (cota, non consumo mínimo) mensuais, aos que hai que sumar 3 € de consumo mínimo, poderase falar de luns a venres por 6 céntimos/minuto, mentres que as chamadas de fin de semana corren a cargo dun bono de 250 minutos. O establecemento de chamada continúa nos 15 céntimos, ao igual que o prezo dos sms.

No hay comentarios:

Publicar un comentario