jueves, 2 de junio de 2011

Happy Móvil reestrutura as súas tarifas


Happy Móvil, a operadora de The Phone House vén de reestruturar as súas tarifas, simplificándoas en 4 posibilidades, pensadas para diferentes usuarios. Deste xeito, quedan como segue:
  • Tarifa Regalo: as chamadas e sms saen a 13 céntimos, agás as chamadas a outros Happy, que son gratuítas até un máximo de 500 minutos mensuais. O establecemento de chamada é de 25 céntimos. Pero o que fai especial a esta tarifa é que por cada recarga regalarannos saldo extra: Por 5 € recibiremos 1 € adicional, por 10 €, 2,5 € extra, por 15 €, 3,5 € adicionais e partires de 20 € o equivalente ao 50% da cantidade recargada.
  • Tarifa Ahorro: pensada para realizar chamadas internacionais, con prezos que van dende 1 céntimo/minuto. O establecemento é tamén de 25 céntimos e dispón así mesmo de 500 minutos para falar ao mes gratuitamente entre clientes.
  • Tarifa Nacional: é unha tarifa orientada a persoas que queiran facer chamadas dentro de España. Os minutos saen a 6 céntimos e as sms a 9 céntimos, cun establecemento de 15 céntimos.
  • Tarifa City: está pensada para as persoas que queren disfrutar das chamadas gratuítas entre Happy's, xa que conta cos 500 minutos mensuais gratuítos. O resto de chamadas saen a 12 céntimos e o establecemento a 15.

No hay comentarios:

Publicar un comentario