martes, 31 de mayo de 2011

R e Modernización avanzan o estado da extensión do PBL 2010-2013

Mar Pereira, Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e Arturo Dopico, Conselleiro Delegado de R
A Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o Conselleiro Delegado de R, Arturo Dopico, fixeron onte unha análise do estado de despregamento das redes de nova xeración (NGA) no territorio galego, actuacións incluídas no Plan de Banda Larga 2010-2013 que está a levar a cabo a Xunta de Galicia.

R foi adxudicataria dunha axuda de 28 millóns de euros dun total de 176 para levar a cabo estas actuacións, mentres que Movistar recibiu outra axuda para chegar a núcleos dun entorno máis rural.

Dende o momento da adxudicación, en outubro de 2010, R xa chegou a 74 dos 193 núcleos previstos no plan: Mesoiro, Palavea, Santa Gema, A Zapateira, Casanova de Eirís, Eirís de Arriba, Montserrat, A Cabana e San Pedro de Visma no contorno de A Coruña, Meicende e A Pastoriza en Arteixo, Freixeiro (Narón), O Milladoiro (Ames), Os Tilos (Teo), Cordeda (Culleredo), Sigüeiro (Oroso), Pereiro, Bagunda, Ceboleira, Pardavila, Roade, Rioboo e Rabiso (Vigo), Redondela e Angorén (Redondela), Barca e Valina en Poio. Oleiros, Cambre, Marín, Ares, Cedeira e Fene son outros dos núcleos afectados polo plan que xa están en funcionamento.

En todos estes lugares R ofrece acceso a conexións de 100/5 megas, polo que xa son máis de 176.000 galegas e galegos os que teñen acceso a estas conexións, que permiten alén de voar por Internet o acceso a televisión dixital de alta definición e un longo etcétera.

No hay comentarios:

Publicar un comentario