viernes, 15 de abril de 2011

Simyo presenta as tarifas solidarias


Simyo vén de lanzar unha iniciativa pioneira no Estado español, que consiste en colaborar con ONG's directamente a través da factura do móbil.

Deste xeito, aqueles clientes que o desexen poden participar desta iniciativa, incrementándoselles un 5% do consumo na factura. Simyo porá a mesma cantidade, e ingresará todo a unha das tres ONG's que participan no proxecto: Fundación Vicente Ferrer, WWF ou Global Humanitaria.

Así, por exemplo, cun consumo de 20 € o cliente pagaría un 5% máis (1 €), é dicir 21 €. Simyo poría a mesma cantidade (1 €), polo que a aportación sería de 2 €.

Parécenos unha interesante iniciativa, sobre todo provindo dun operador low cost con prezos axustados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario