viernes, 1 de abril de 2011

Lembrando a... Wanadoo


What do you wanna do?


Seguramente moitos lembraredes Wanadoo, unha das compañías que ofrecían acceso a Internet cando a cousa funcionaba cos sonados routers do diaño (polo ruído que facían, vaia), e comezaban a despuntar as primeiras tarifas planas (dende as 18.00h, e sábados/domingos/festivos as 24 horas).

Wanadoo foi o nome que tomou o proveedor de Internet a particulares de France Télécom. Este grupo de telecomunicacións francés tamén contaba naqueles tempos con Uni2, empresa orientada a telefonía de empresa.

France Télécom mercaría despois Amena, reagrupando todos os servizos nunha mesma marca: Orange.

Vexamos un par dos seus anuncios





No hay comentarios:

Publicar un comentario