martes, 26 de abril de 2011

Hits Mobile apúntase ás chamadas a 5 cént/min


A OMV Hits Mobile vén de anunciar unha nova tarifa que permite chamar a calquera número estatal, fixo ou móbil, por tan só 5 cént/min e enviar sms a 9 cént/sms.

Ademais, entre clientes, os 5 primeiros minutos de cada chamada son a 0 €/min (máximo 60 min/día e 500 min/mes).

Para poder disfrutar desta tarifa é preciso activar unha recarga automática para unha data determinada ou cando vaimos quedando sen saldo, iso si,non ten consumo mínimo.

Hits Mobile é unha compañía que utiliza a rede de Vodafone e que, de momento, non ofrece ofertas de datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario