miércoles, 6 de abril de 2011

GT Mobile, un novo OMV sen establecemento de chamada


Xa falaramos hai algún tempo de que existían tarifas sen establecemento de chamada, e hoxe presentámosvos unha nova alternativa, vencellada ao nacemento deGT Mobile, un novo OMV.

Este operador está pensado para aquela xente que adoita chamar a miúdo ao extranxeiro, ofrecendo chamadas a certos países por prezos que van dende os 4 cént/min. En canto ás tarifas nacionais, as chamadas e os sms son a 9 céntimos, iso si, sen establecemento de chamada.

Ademais, como promoción actual, ofrecen minutos de balde para falar con outros clientes, cuxo número dependerá do importe da recarga que se faga. Así, se se recargan 5 € darán 75 minutos de balde, por 10 € 200 minutos, por 15 € 300, por 20 € 500 e por 30 € 750.

No hay comentarios:

Publicar un comentario