martes, 29 de marzo de 2011

Tes ADSL con Movistar? Activa gratis o teu bono de chamadas a móbiles dende o fixo


Os clientes de Movistar ADSL ou Movistar Imagenio (modalidades Familiar ou Flexible), poden contratar de xeito gratuíto un bono que permite chamar 50 minutos mensuais a móbiles de calquera compañía dende o fixo, a consumir de luns a venres, a calquera hora.

Este bono é compatíbel con outros bonos de desconto fixo-móbil (como por exemplo o bono fixo-móbil fin de semana incluído no ADSL de Movistar), pero non poderán disfrutar del aqueles clientes que teñan algunha promoción no ADSL ou en Imagenio (por exemplo, "x" cotas máis baratas).

Pódese activar chamando de balde ao 1004, algo que nos parece un abuso por parte da compañía: por que non se activa a todos os clientes directamente?

No hay comentarios:

Publicar un comentario