martes, 15 de marzo de 2011

R amplía a súa grella de televisión


R anunciou a través do seu Twitter que dende hoxe están dispoñíbeis tres novas canles na súa grella de televisión: LaSexta3, 13TV e Astrocanal, que pasarán a ocupar os diais 36, 122 e 777 respectivamente.

LaSexta3 é a última aposta de LaSexta, adicada nun primeiro momento á ficción. O pasado 28 de febreiro engadiu a coletilla Todo Cine e mudou a súa programación para ofrecer un amplo abano de películas internacionais, convertíndose na primeira canle española en aberto adicada ao cinema.

Pola súa banda, 13 TV é unha canle adicada á relixión católica, con programas e filmes pensados para difundir as ideas dese credo relixioso. Finalmente, Astrocanal adícase ao tarot e horóscopos.

1 comentario:

  1. Mira que se podería empregar o largo de banda de 13tv e Astrocanal para algo útil, eh!

    ResponderEliminar