jueves, 17 de marzo de 2011

O Samsung Galaxy Tab por 435 € en prepago con Carrefour Móvil

Carrefour Móvil, a OMV vencellada á coñecida cadea de supermercados, promociana este mes de marzo o Samsung Galaxy Tab, a primeira tablet de Samsung, dotada de Android 2.2 Froyo.


Coa oferta vixente até o 30 de marzo, poderase adquirir esta tablet por 435 € para portabilidades de cartón prepagamento, coa tarifa de 0,50 €/día de conexión. Ademáis, a tarxeta vén precargada con 20 € de saldo. No caso de que queramos dar de alta unha nova liña, o prezo é de 475 € e contaremos con 10 € de saldo inicial.

A cobertura de Carrefour móvil é a mesma que a de Orange.

No hay comentarios:

Publicar un comentario