Aproveitando o Mobile World Congress que estes días se está a celebrar en Barcelona e que podedes seguir en profundidade a través de Mallando no Android, Vodafone presentou un redeseño das súas tarifas por tallas, orientado a axudar aos seus clientes a controlar o consumo.
Os planes de prezos L e XL ven reducida a súa cota de 59,9 a 50 €/mes e de 99,9 a 70 e/mes respectivamente, conservando o número de minutos incluídos na mesma.
En canto ás tarifas para falar e navegar os cambios son os seguintes:
- Desde a talla @S todas inclúen sms ilimitados.
- A tarifa @XL redúcese de 99,9 €/mes a 80 €/mes (1000 minutos, 1 GB de datos e sms ilimitados).
- A tarifa @L pasa de 59,9 a 60 €/ms e pasa a incluír 750 minutos, 750 MB e sms ilimitados.
Finalmente Vodafone tamén incluíu dúas novas tarifas de 15 €/mes: XS e @XS8. A primeira inclúe 150 miutos para chamar a calquera destino, mentres que a segunda inclúe 200 sms, 100 MB de navegación e a posibilidade de chamar a 8 céntimos/minuto.