miércoles, 15 de febrero de 2012

Tuenti saca a lingua e revoluciona as tarifas móbiles españolas



Hai uns cantos anos Vodafone lanzou unha campaña co lema Lembras? no que facía fincapé en como nos cambiou a vida coa telefonía móbil. Se esa campaña se volvera facer hoxe en día o "lembras" sería un Lembras cando pagamas 40 pesetas por minuto? 

Desde a chegada das OMV os prezos da telefonía móbil e dos datos móbiles reducíronse drásticamente, chegando a apenas 3 céntimos por minuto en moitos casos e tarifas de pouco máis de 10 € por 1 GB de datos móbiles.

Se pensabamos que esta guerra estaba para rematar estabamos trabucados, xa que hoxe Tuenti vén de poñer patas para arriba o mercado español co lanzamento dos seus novos produtos móbiles.


Para comezar cambia o seu nome comercial, que pasa de ser Tu a ser Tuenti Móvil, un movemento na liña de identificar dun xeito claro a marca de móbil coa rede social matriz da compañía telefónica low cost. Iso si, segue usando a rede móbil de Movistar, empresa á que maioritariamente pertence Tuenti.

Pero onde realmente está a revolución é nas súas novas tarifas e na integración coa rede social. En canto ás tarifas, a oferta segue sendo de cartón prepago sen consumo mínimo ou contrato de permanencia.

O prezo das chamadas pasa a ser de 3 céntimos/minuto, con 15 de establecemento de chamada, chamemos a quen chamemos e á hora que chamemos. Se ademais queremos navegar por Internet poderemos disfruar de 1 GB por 6 €/mes ou 3 GB por 15 €/mes, ou o que é o mesmo, a mellor tarifa até o de agora en Internet móbil no noso país.

Doutra banda, a integración coa rede social pasa a ser tal que poderemos chamar aos nosos amigos da rede que tamén teñan Tuenti Móvil sen necesidade de ter intercambiado os números de teléfono, é dicir, polo nome.

Que vos parecen estes cambios?

Máis info

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada