miércoles, 8 de febrero de 2012

Importantes melloras en #mobilR a partires do 1 de marzo


R vén de anunciar interesantes novidades no que ten a ver co seu servizo de telefonía móbil, que serán aplicábeis desde o primeiro de marzo.

Así, todas as tarifas de datos verán dobrada a cantidade incluída, sen aumentar o prezo. É dicir, se por exemplo se ten contratada unha tarifa con 250 MB incluídos pasarase a ter 500 MB; unha vez consumidos, non se cobrará nada a maiores, senón que se reducirá a velocidade, como até o de agora.

Isto afecta a todas as tarifas agás á de 3 GB, que en vez de dobrar a súa capacidade pasa a 5 GB.

Pero ademais os cambios tamén chegan ás tarifas planas que inclúen voz e sms. Así, todas as tarifas planas dobran o número de sms incluídos e baixan os prezos dos excesos (os minutos ou sms que se consuman fóra do incluído na tarifa plana).

Deste xeito, o exceso de minutos pasa a valer 8 cént/min + IVE fronte os 19 que costaban antes e os sms cobraranse agora a 9 cént/sms + IVE fronte os 15 cént/sms que se usaba.

Con estes cambios R afiánzase como alternativa ao grande reinado dos operadores tradicionais con tarifas inferiores e mantendo a subvención de terminais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada