R segue a extender a súa rede de nova xeración a máis e máis fogares galegos incluídos no Plan de Banda Larga da Xunta de Galiza, tendo lugar a última destas actuacións nos concellos dos arredores da Coruña.
Así, máis de 33.000 fogares e empresas de Cambre, Culleredo, Oleiros e Arteixo dispoñen de cobertura para 100 megas, que será de 200 cando rematen as actuacións contempladas no Plan. En concreto, os fogares afectados repártense do seguinte xeito:
- Cambre: 7.941 fogares e empresas situadas en Cambre, O Graxal, A Barcala e O Temple.
- Culleredo: 12.427 fogares/empresas en Cordeda, Acea de Ama, O Burgo, Conduzo, A Corveira, Fonteculler, O Portazgo e Vilaboa.
- Oleiros: 9.169 fogares/empresas de Oleiros, Perillo, Os Regos, Montrove, Pazos, Santa Cruz, O Seixo, O Carballo e O Seixal.
- Arteixo: 3.771 en Meicende e Pastoriza.
A inversión nestes puntos foi de 42,68 millóns de euros, necesarios para despregar 172 quilómetros de obra civil e 121 de fibra. Con estas actuacións acádanse tamén 85 dos 193 núcleos previstos por R no Plan de Banda Larga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario