Coa chegada do verán moita xente pensa en marchar uns días ao extranxeiro de viaxe... pero cando ve as tarifas, pensa que se vai cortar bastante de falar cos seus para aforrar un pouco. E xa non falemos dos datos, onde é posíbel ver tarifas de 5 € por 1 MB de conexión. Case nada...
Para permitir que os seus clientes aforren algo, Orange lanzou hai uns días Travel, un produto pensado para viaxar ao extranxeiro que ofrece chamadas ao 50% dende fóra de España e navegación co noso smartphone.
Trátase de dous servizos diferentes:
- O 50% de desconto nas chamadas ten unha cota de 1€/día, que só se pagará no caso de falar. Así, as chamadas realizadas dende Europa custarán 0,175 €/min e as recibidas 0,095 €/min.
- A navegación con smartphone custa 2,50 €/día e ofrece 10 MB de datos. Tamén se pagará só no día que se empregue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario