Está claro que nun mercado con tanta alternativa en canto a operadores, o que funciona é o boca a boca: non hai mellor publicidade ca un cliente contento que vaia falando marabillas do seu operador de telecomunicacións.
Por iso desde R veñen de reeditar a promoción amigos R, pero dándolle un enfoque diferente a como era até o de agora. A saber:
- Os clientes de calquera Combo que conviden a un amigo a que contrate un Combo con R recibirán 50 € de desconto na cota do Combo, repartidas en 2 mensualidades de 25 €. O novo cliente de R tamén resulta beneficiado, aplicándoselle a promoción de benvida durante 2 facturas máis.
- Os clientes de móbilR que conviden a alguén a facerse de móbilR recibirán 45 € de gratificación no consumo mínimo, repartido en 5 facturas a razón de 9 € de desconto por factura. O cliente recomendado recibirá 18 € de desconto, repartidas en 2 facturas a razón de 9 €/factura.
Esta promoción é exclusiva para a web. Podedes achar máis información neste enlace.
Van costa abaixo e sen freos.Non saben fidelizar antigos clientes e pensan que lle van facer o traballo de consguirlles novos clientes. Quen pode recomendar por exemplo a tv de R que é infumable.
ResponderEliminarNinguén nos ten que recomendar se non está contento co noso servizo ou non lle parecemos a mellor das opcións. Agora, se un cliente se pode beneficiar disto e ter un desconto na súa factura, mellor que mellor.
Eliminar