R vén de anunciar novidades nas súas tarifas planas de móbil, así como tamén o lanzamento de novas opcións para tratar de cubrir todo o espectro de opcións desexadas polos seus clientes.
Deste xeito, a cousa queda do seguinte xeito:
- Tarifa Plana 24h 750. Trátase dunha actualización da Tarifa Plana 24h 500, cuxo cambio é que agora inclúe 750 minutos para falar con calquera operador a calquera hora, no canto dos 500 anteriores, sen mudar de prezo. Segue incluíndo 100 sms e dúas posibilidades no que ten a ver coa cantidade de datos: 250 MB ou 1 GB, sendo a cota mensual de 49 ou 59 € segundo esta última escolla.
- Tarifa Plana 24h 350. Esta é unha actualización da Tarifa Plana 24h 300, co mesmo cambio: auméntanse os minutos mensuais incluídos ao mesmo prezo. Esta tarifa inclúe ademais 50 sms e 250 MB ou 1 GB por 29 ou 39 €/mes, respectivamente.
- Tarifa Plana 24h 150. Esta nova tarifa inclúe 150 minutos para falar as 24 horas, 50 sms e a posibilidade de escoller entre 250 MB ou 1 GB de datos, por 19 ou 29 €/mes.
- Tarifa Plana 24h 1500. Finalmente, esta nova tarifa está pensada para os heavy users, xa que inclúe 1500 minutos, 250 sms e 1 GB de Internet móbil por 79 €/mes.
Sobre os prezos e límites que puxemos, hai que ter en conta que:
- Os prezos indicados non inclúen o IVE.
- Se se acada o límite de datos pódese seguir navegando, aínda que con redución de velocidade a 64 kbps.
- O prezo das tarifas planas xa inclúe o establecemento de chamada. Os excesos de minutos páganse a 19 cént/min cun establecemento de 15 cént; o exceso de sms a 15 cént/sms.
- Todas estas tarifas, ao ter Internet, son compatíbeis co desconto de 6 €/mes se se ten contratado algún combo fixo.
A operadora galega dispón ademais doutras tarifas pensadas para o público que non quere Internet no móbil (tarifa Única) ou para os que queren Internet e un prezo por minuto de chamada reducido (tarifas mini+internet).
No hay comentarios:
Publicar un comentario