O sector das telecomunicacións é un nos que o cliente está máis acosado en canto á recepción de publicidade e/ou ofertas. O certo é que se ten mellorado bastante neste sentido, mudando leis, o que fai que agora xa non nos poidan facer ofertas a través de chamadas con número oculto.
Pero se queremos ir máis aló, temos a Lista Robinson, un servizo grazas ao cal podemos excluírnos da publicidade personalizada (a que recibimos ao noso nome, ben de xeito escrito ou por chamadas de teléfono).
Calquera pode solicitar a alta na Lista Robinson de xeito gratuíto, indicando a canle a través da cal non se quere recibir publicidade, así que se o desexades, pasádevos pola web www.listarobinson.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario