Orange vén de presentar un novo produto de ADSL, pensado para aqueles clientes que basicamente queren navegar e non están interesados na liña teléfonica.
Por 15,95 €/mes, aos que hai que engadir 14 € de cota de liña, Orange ofrece unha conexión de 6Mb/1Mb. Ademais, terán un número de teléfono asociado co cal poderán recibir/efectuar chamadas, no que se inclúen 100 minutos de chamadas a fixos estatais.
Este produto inclúe de xeito gratuíto un router multimedia Livebox, que conta con WiFI-n e tecnoloxía DLNA, que permite compartir arquivos entre todos os dispositivos do fogar esquecéndose dos cables.
Pois para ser unha tarifa de internet está ben esa cota de liña e o do teléfono asociado. :o
ResponderEliminarSi, en Vodafone a mesma velocidade sae por 19,90 €/mes (Internet) + 15 €/mes por liña (inda que inclúe máis minutos de chamadas)
ResponderEliminarE en Movistar, 3 Mb/320 kbps 32,90 €/mes